O primeiros quince días, catro veces por semana, realiza paseos sen mochila e por lugares chairos. Comeza cunha hora e aumenta a duración de forma gradual ata as dúas horas ou máis. Non te obsesiones pola velocidade, no Camiño non a vas a necesitar. Trátase de adquirir fondo e de fortalecer os músculos.

Durante o seguintes quince días continúa con estes paseos pero varía o itinerario e aumenta algún día a duración. Escolle trazados que alternen chairo con subidas e baixadas. Pasado o primeiro mes xa poderás camiñar facilmente tres horas por calquera terreo. Antes das camiñadas non esquezas facer exercicios de mobilidade articular incidindo no pescozo, os ombreiros, a cintura, os xeonllos e os nocellos. Á súa vez realiza estiramentos suaves antes de cada saída e máis profundos tras o esforzo. Relaxan, achegan flexibilidade e son eficaces para evitar lesións.

O segundo mes realiza polo menos tres paseos longos entre semana e aproveita o fin de semana para facer rutas de sendeirismo alcanzables. É moi conveniente facelas co calzado e a mochila que vaias levar ao Camiño. Comeza con rutas dun par de horas e termina con percorridos de entre 3 e 4 horas.

O terceiro mes mantén a carga do anterior e atréveche as últimas dúas semanas, sen forzar, a subir algunhas montañas que teñan un desnivel de entre 500 e 800 metros. Nestes 90 días fortalecerías o teu corazón, os teus músculos e tendóns, e xa estarás a punto para gozar da peregrinación.

É importante hidratarse durante o exercicio e tamén alimentarse nas excursións de maior duración.

Fonte: http://caminodesantiago.consumer.es/

FaLang translation system by Faboba